Falece un home atrapado baixo o tractor que manexaba na Gudiña

Arquivo.

Un home perdeu a vida ao sufrir un accidente co tractor que manexaba no concello ourensán da Gudiña. O suceso aconteceu pasadas as catro e media da tarde deste sábado no lugar de San Lourenzo. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, o vehículo envorcou e o home quedou atrapado debaixo. Malia a intervención do persoal sanitario e do grupo de emerxencias local, nada se puido facer por salvarlle a vida. A familia foi a que alertou do sinistro.