Un furgón de reparto bateu contra un camión de transporte de pedra en Rodeiro. O condutor da furgoneta, un home de 44 anos, quedou ferido de gravidade debido ao impacto, pero finalmente faleceu cando estaba sendo trasladado en helicóptero ao hospital. O sinistro tivo lugar á primeira hora da mañá deste mércores na estrada PO-212, á altura de Negrelos. Foi un particular o que alertou o 112 Galicia de que unha persona estaba tendida no chan porque saíra despedida a consecuencia de chocar coa súa furgoneta contra un camión. Os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Lalín e dos servizos de mantemento de estradas. Informouse, ademais, aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín e a Protección Civil de Rodeiro.
0