A Estrada | Falece un home de 52 anos ao envorcar o seu tractor

Imaxe dun accidente de tractor_Arquivo.

Un home de 52 anos faleceu na tarde deste mércores nun accidente de tractor no concello da Estrada. O sinistro produciuse no lugar de Goleta na parroquia de Arca. A vítima quedou atrapada baixo o vehículo agrícola cando este envorcou. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Deza e Emerxencias de A Estrada ademais dun helicóptero medicalizado do 061 dende Santiago, pero á súa chegada os sanitarios tan só puideron confirmar a morte do home.