Segundo informou o 112 Galicia, o accidente, un choque entre dous vehículos, tivo lugar ás 00:24 horas deste luns na A-66 á altura do quilómetro 9, na parroquia de San Xoán do Freixo. Foi un particular quen alertou dos feitos, asegurando que, desde un primeiro momento, os condutores de ambos os turismos non podían saír dos seus respectivos vehículos, un deles, un home de 71 anos, finalmente, tal e como informou Emerxencias 061, faleceu. Outras dúas persoas, un home de 74 anos e unha muller de 64, foron trasladadas ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Eume, os servizos sanitarios, a Policía Local das Pontes, Protección Civil e os servizos de mantemento das estradas. Tamén se informou do accidente á Garda Civil.
20