Falece un home de 77 anos na Laracha tras caer desde un muro

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Un home faleceu na tarde deste luns na parroquia larachesa de Lemaio ao caer desde un muro a unha zona de difícil acceso, tal e como confirmou o 112 Emerxencias Galicia. O suceso ocorreu preto do lugar de Proame. Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para recuperar o corpo, que foi trasladado ao hospital para realizarlle a autopsia. Os sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvar a vida do accidentado, J.V.G. de 77 anos, quen ao parecer se atopaba facendo labores de poda.