Falece un home de 79 anos atropelado na A-52 á altura de Taboadela

1 minutes read

Un home faleceu este domingo pola tarde na A-52, á altura do concello de Taboadela. Segundo informa o subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, camiñaba pola beiravía da autoestrada en dirección contraria ao sentido da marcha e tentou cruzar. A vítima, de 79 anos, era dunha aldea da zona e padecía alzhéimer. Agora, investigan as circunstancias do accidente e tentan esclarecer como accedeu á autoestrada e os motivos. As forzas de seguridade recibiron dúas chamadas de alerta, a primeira para informar da presenza do peón e a segunda, cando unha unidade xa se desprazaba ata o lugar, para dar conta do atropelo.