A Junta de Extremadura informou este luns de que un home de 85 anos procedente da localidade de Torremayor, Badaxoz, morreu no Hospital Perpetuo Socorro da capital pacense a causa das altas temperaturas.
Trátase da segunda morte por golpe de calor nesta comunidade no que vai de verán, despois de que en xullo falecese un home de 67 anos en Plasencia, Cáceres.
O falecemento do ancián de Torremayor dáse ao comezo da segunda onda de calor de verán, que arrincou o domingo 3 de agosto e durará ata o vindeiro domingo 10. Badaxoz atopábase este luns en aviso laranxa por altas temperaturas, con máximas de ata 42 graos.
A exposición a temperaturas excesivas pode provocar cambras, mareos, cefaleas, deshidratación, insolación, e, o máis grave de todo, un golpe de calor, xa que este pode producir un dano multiorgánico, convulsións, un coma ou a morte, tal e como advirte o Servizo Estremeño de Saúde (SES).