Falece un home despois de envorcar o tractor que manexaba en Santiago

Imagen de una ambulancia del 061

Un septuaxenario faleceu este luns tras envorcar o tractor que dirixía polo acceso a unha finca da parroquia compostelana de Arins.

Como consecuencia do envorco, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros da cidade para liberala.

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia pasadas as once desta mañá mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que dirixía ao lugar de Bealta unha dotación para atender a un home posiblemente atrapado a causa da envorcadura dun tractor. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Santiago para poder liberar á vítima e facilitar a atención aos profesionais sanitarios. Aínda con todo, a persoa resultou falecida.

Cos equipos de emerxencias colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén os axentes da Policía Local e Nacional, que tratan de recoller toda a información sobre o suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha