Falece un home en Cambados ao ser alcanzado por unha fresadora

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Un home de idade avanzada perdeu a vida ao ser atropelado por unha fresadora e quedar aprisionado na máquina agrícola, en Cambados. Os feitos sucederon nunha leira do lugar de Castrelo.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través do aviso dunha persoa particular que, segundo relataba na súa comunicación, o home atopábase nunha leira particular cando o alcanzou a máquina agrícola, que se estaba a desprazar cara a atrás.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia, requiriuse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, malia os esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida ao home.

Ademais, os xestores do 112 Galicia mobilizaron ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha