Falece un home en Cambre ao quedar atrapado baixo o seu vehículo


Un home de 71 anos faleceu en Cambre (A Coruña) ao quedar atrapado debaixo do seu vehículo, que cedeu cando trataba de arranxalo no seu garaxe coa axuda dun gato. Segundo informa o 112 Galicia, até o lugar mobilizáronse sanitarios, bombeiros de Arteixo, así como efectivos da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. O 061 informou de que a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu a alerta do suceso e para acudir ao lugar mobilizouse unha ambulancia asistencial de SVB do 061 e persoal sanitario do centro de saúde de Cambre. Os sanitarios constataron o falecemento do home de 71 anos.