Falece un home en Mos tras caer coa súa cadeira de rodas por un desnivel

0 minutes read

Un particular contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia sanitaria para un señor con minusvalía que ía en cadeira de rodas e que acababa de precipitarse por un terraplén, na baixada á Picota, en Tameiga, no concello pontevedrés de Mos. Os membros do GES de Mos rescataron á persoa que foi atendida de inmediato polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sen embargo, malia os intentos, nada puideron facer por salvarlle a vida. Igualmente, os xestores do 112 tamén informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo.