O accidente ocorreu nunha leira do lugar de Sande de Abaixo. O 112 Galicia tivo constancia dez minutos despois das 12:30 horas deste mércores, cando un particular relatou os feitos: unha persoa estaba atrapada despois de envorcar co seu tractor.
De inmediato, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Outes.
Os axentes da Policía Local chegaron rápidamente ao lugar e informaron da gravidade da situación, pero, a pesar dos esforzos, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do home implicado.