Falece un home en Ponteceso tras quedar atrapado debaixo dunha segadora

1 minutes read
  • Sucedeu arredor das 19:00 horas deste xoves no lugar de Nemeño

Un novo accidente cunha máquina agrícola deixa un falecido en Ponteceso. En concreto, un home de 76 anos perdeu a vida tras quedar atrapado debaixo da segadora que manexaba nun camiño próximo ao lugar de Nemeño. Sucedeu arredor das 19:00 horas deste xoves.

Foi persoal do 061 quen alertou do incidente ao 112 Galicia, desde onde se puxo a situación en coñecemento do GES de Ponteceso, dos Bombeiros de Carballo e dos axentes da Garda Civil.

Xa no lugar, e a pesar dos esforzos, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima.