Falece un home en Pontedeume alcanzado por un camión que manobraba marcha atrás

1 minutes read

Un home de avanzada idade faleceu na mañá deste mércores tras ser alcanzado por un camión que manobraba marcha atrás ao seu paso por Vilar, moi preto do centro de maiores das Fragas, no concello de Pontedeume.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba o suceso ao 112 Galicia, ao fío das once e media. Indicaban que o varón estaba accesible pero inconsciente e que unha UVI móbil xa se estaba desprazando cara o punto.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros do Eume e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o pasamento deste home.