Falece un home en Redondela ao bater o seu coche contra un camión aparcado

O condutor dun turismo perdeu a vida a noite deste xoves en Redondela despois de que o vehículo no que viaxaba chocase contra un camión que nese momento se atopaba estacionado.

O accidente tivo lugar na Avenida de Redondela, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar o corpo sen vida do condutor, ao quedar atrapado no interior do coche. Acudiron ao lugar os Bombeiros do Porriño e de Vigo, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Redondela.

Cae un coche ao mar
Por outra banda, en Sada, un turismo caeu ao mar cun ocupante no seu interior. No momento do accidente a marea estaba baixa, o que facilitou o rescate do condutor do coche, que resultou ileso.

Os feitos producíronse no porto da localidade, uns minutos antes das 22:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Betanzos, do Servizo Municipal de Protección Civil de Sada, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Atropelo
Un taxista resultou ferido en Santiago de Compostela ao ser atropelado por un autobús urbano na rúa do Hórreo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Santiago e a Protección Civil.

No autobús ningunha persoa resultou ferida.

Atopan o corpo sen vida dunha persoa na praia fluvial das Ninfas, en Ourense

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia na mañá deste venres para indicar que atopara un cadáver aboiando no Río Miño.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e Local, dos Bombeiros de Ourense e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha