Falece un home en Soutomaior logo de producirse un incendio na súa vivenda

1 minutes read

O lume produciuse nun cuarto da vivenda, prácticamente foi a única estancia da casa que resultou afectada, e onde o varón foi atopado falecido. 
Foi unha persoa particular, dona da vivenda, quen, sobre as catro e media da madrugada deste sábado, chamou ao 112 para pedir axuda. Indicaba que ardía a casa, situada na Rúa Valmonte, en Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. 

Desde o 112 Galicia informouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño e á Garda Civil. Ademais, foron avisados os axentes da Policía Nacional, os Bombeiros de Pontevedra, os membros do GES de Mos e de Protección Civil da localidade. 

Unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil de Soutomaior confirmaron ao 112 Galicia que o lume estaba apagado, tan só afectara a unha estancia da casa na cal atoparan ao home falecido. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?