18
Un home faleceu na tarde deste martes no concello de Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz, segundo informou o servizo de emerxencias 112 de Galicia. O accidente produciuse na estrada AC-440, no lugar da Baiuca, e ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado, aínda que o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do condutor. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Muxía. Unha indisposición do home, previa ao sinistro, poderían estar detras deste fatídico desenlace.