Falece un home na Coruña tras caer desde unha xanela

0 minutes read

O corpo sen vida do home apareceu na rúa Zalaeta á primeira hora da tarde deste martes e os profesionais sanitarios non puideron máis que certificar o falecemento. Polo momento descoñécense as causas da caída. A Policía Nacional abriu unha investigación para determinar porque o home se precipitou desde unha fiestra ao baleiro.