Un home faleceu na tarde deste luns no municipio lucense da Pastoriza mentres participaba nunha talla de árbores nunha leira privada. Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu nun terreo próximo á igrexa de San Cosme de Piñeiro. O operario de 55 anos faleceu ao caerlle enriba a póla dun eucalipto, e morreu no acto. Outra persoa que estaba no lugar alertou aos servizos de emerxencias, que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 e á Garda Civil. Malia que, non foron necesarios os equipos de excarceración, tamén foron informados os Bombeiros de Vilalba.
Falece un home na Pastoriza tras caerlle unha póla dunha árbore enriba
Arquivo.