Falece un home no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba a cortar

Un home faleceu na tarde deste venres no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba cortando. O suceso ocorreu arredor das 17.00 horas no lugar do Casal, en San Salvador de Budiño. O 112 alertou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron o falecemento do home. Ao lugar acudiron tamén a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Related posts

Un morto e un ferido nun choque entre dous vehículos en Taboada

Medio Rural amosa ao sector forestal as súas ferramentas de última xeración para loitar contra o lume

Localizan un corpo aboiando preto do porto de Vigo