Falece un home nun accidente de tractor en Santa Comba

Axencia Galega de Emerxencias 112

Un home perdeu a vida na tarde deste domingo nun accidente co tractor que manexaba no lugar de Esmerode, en Santa Comba. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente. Na súa chamada, a testemuña do sinistro indicaba que o tractor rematara fóra da vía e batera contra un valado. Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xallas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Protección Civil. Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor do tractor.