34
Na tarde deste venres faleceu un home cando traballaba nunha obra no concello ourensán de Coles. O suceso ocorreu algo antes das tres da tarde. O obreiro, duns 60 anos, traballaba nas obras dunha vivenda na localidade de Gustei. Os compañeiros marcharon comer e, cando regresaron, atopárono inconsciente. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, pero os sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.
