Falece un home nun acciente de tráfico en Riós

Un condutor faleceu na mañá deste martes como consecuencia dun accidente de tráfico tras saírse da vía e envorcar o turismo que conducía na N-525, que vai de Ourense a Zamora, ao seu paso polo termo ourensán de Riós.

O suceso tivo lugar ás 09:30 horas á altura do quilómetro 150,500 da citada estrada.

Segundo indicaron fontes dos servizos de emerxencias, o condutor quedou atrapado no interior do vehículo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, do GES da Gudiña, Protección Civil e urxencias médicas.

O falecido é veciño da parroquía de Progo, no concello de Riós. Tiña 78 anos. O equipo de atestados está realizando a investigación para saber se a súa morte se produciu como consecuencia do accidente ou se foi por causas naturais previas á saída da vía, toda vez que a estrutura do vehículo case non presenta danos. Será a autopsia a que determine as circunstancias da sua morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha