Falece un home nun incendio declarado nunha vivenda das Neves

1 minutes read

Un incendio, declarado este sábado nunha vivenda do concello pontevedrés das Neves saldouse cun home falecido e catro persoas trasladadas.

Do lume, iniciado nunha vivenda da Rúa dos Entrecines, deu aviso ao 112 Galicia un particular. Na mesma chamada, xa se indicaba que había persoas no interior polo que, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) mobilizaron, de inmediato, aos servizos sanitarios, aos Bombeiros dos parques do Porriño e de Ponteareas e á Garda Civil. Ata o lugar, tamén se desprazaron os membros da Agrupación de Voluntarios de Oitavén-Tea.

Desde o lugar dos feitos, os medios de intervención confirmáronlle ao 112 o falecemento dun home e a necesidade doutras catro persoas, dous adultos e dous menores, de ser trasladados cara o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.