Falece un home tras producirse un incendio na súa vivenda en Betanzos

Un home perdeu a vida na tarde deste mércores en Betanzos a causa dun incendio producido na súa vivenda, situada na rúa do Alcalde Beccaria.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume ás 17:30 horas, grazas á chamada dun particular que indicaba que ardía un piso na cuarta planta do edificio. No seu relato, indicaba que podería haber unha persoa dentro da vivenda.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polos Bombeiros de Betanzos, polos axentes da Garda Civil e da Policía Local e polos membros de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto e levar a cabo as tarefas de extinción, os Bombeiros confirmaban a existencia da persoa falecida. Indicaban, ademais, que o lume produciuse en dúas habitacións da vivenda, e que o resto do inmoble veuse afectado polo fume.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha