Falece un home tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda

Imagen de archivo de una ambulancia del 061

Ao fío das 11 horas deste xoves, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente laboral no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos (Silleda), a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo a información recibida, un home de avanzada idade quedara atrapado por unha máquina de polos.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.

As persoas que se atopaban no lugar conseguiron liberar ao afectado antes da chegada dos servizos de emerxencias, mais os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Desde a central de emerxencias tamén mobilizaron ata ese punto a axentes da Policía Local de Silleda e da Garda Civil.

Related posts

Ferido un menor tras ser atropelado na AC-552 en Baio, Zas

Tráfico xa sanciona por non levar a V16: que di a norma e como evitar problemas na estrada

Miles de persoas evacuadas en Andalucía polo temporal