Falece un home tras ser atropelado en Rianxo


Un home perdeu a vida ao fío das 21:30 horas deste xoves despois de ser atropelado por un vehículo na zona do porto de Rianxo. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, a Policía Local de Rianxo, o 061, unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, con base en Boiro, e médicos do centro de saúde, pero tan só puideron certificar a súa morte.