Sanxenxo | Falece un home tras ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba

1 minutes read
Emerxencias sanitarias_Fonte: arsenalterapeutico.com

Un home de 59 anos  perdeu a vida na tarde deste venres despois de ser golpeado no mar por unha embarcación en Sanxenxo.

Os feitos sucederon na Praia de Silgar, uns minutos despois das18:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso.

Nada máis recibir o aviso, o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Ademais, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Sanxenxo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, unha embarcación particular recolleu á persoa e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento. A Garda Civil investiga os feitos.