Falece un home tras sufrir un accidente cando estaba a cortar leña en Chandrexa de Queixa

1 minutes read

Un home faleceu mentres cortaba leña para uso privado no lugar de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa. As forzas de seguridade traballan para esclarecer o acontecido. Segundo informa o 112, ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, voluntariado de Protección Civil, persoal sanitario e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Castro Caldelas. As condicións do terreo, moi barroso, dificultaron a acción dos servizos de emerxencias. É por iso que desde o CIAE-112 Galicia se solicitou a colaboración do helicóptero de rescate Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia, para participar nas tarefas de recuperación do corpo.