Falece un home tras sufrir un accidente de tractor en Viana do Bolo

Un home faleceu logo de accidentarse co seu tractor nunha pista de terra localizada no lugar de Bouza, en Pexeiros (Viana do Bolo).

Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, minutos antes das 19 horas deste venres, informou ao 112 Galicia deste sinistro. Desde un primeiro momento, os alertadores sinalaron que o implicado podía estar falecido.

Os servizos de emerxencias tiveron que actuar para liberalo, xa que se atopaba atrapado por unha roda. Só se puido confirmar o seu falecemento.

Neste operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, o GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil e a Policía Local de Viana do Bolo.

Related posts

Pedro Sánchez acusa á UE de dobre vara de medir con Israel

Carballo renovará o seu alumeado público, aforrará 84.000 euros anuais e protexerá o ceo nocturno

O CCA Carballo impulsa a II edición de BioSaúde con 15 expositores e talleres, faladoiros e degustacións