Falece un indixente que durmía na praza do Rei en Vigo

0 minutes read

Faleceu en Vigo un home de 44 anos que se atopaba nunha das tendas de acampada contra a pobreza na praza do Rei, en fronte do Concello. O falecemento produciuse por causas naturais. O corpo sen vida foi localizado por outros membros da acampada e de inmediato deuse aviso aos servizos de emerxencia. O Concello enviou un comunicado no que explica que á vítima ofrecéraselle pasar a noite no Centro Integral de Inclusión, e declinouno. Os compañeiros da acampada van gardar silencio e aclarar as cousas con papeis, pero xa alertaron hai tempo do mal estado físico dalgún deles.