Falece un mariñeiro en Muros ao caer ao mar desde unhas rochas mentres mariscaba

1 minutes read

Malia os esforzos, nada se puido facer por salvar a vida do home que se atopaba nunhas rochas apañando cría de mexillón cando caeu á auga. Foi un particular que se atopaba no punto o que deu a voz de alarma ao 112 Galicia minutos antes das 10:30 horas da mañá deste martes. Segundo informaba, atopábanse na zona de Monte Louro cando o seu compañeiro caeu ao mar.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Muros, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e a Protección Civil de Muros.

Con todo, unha vez os servizos de emerxencia rescataron ao home, foi trasladado ao porto de Muros onde, por desgracia, confirmouse o seu falecemento. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.