Falece un mariñeiro tras caer dun pesqueiro entre as illas Ons e Sálvora

1 minutes read

Dúas persoas foron rescatadas este domingo polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia despois de caer á auga desde unha embarcación. O patrón do barco tirouse á auga para axudar a un mariñeiro que ao final acabou falecendo. O helicóptero Pesca I rescatounos os dous tras recibir o aviso dun terceiro mariñeiro que quedou a bordo do Tucán 2.  Axiña foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro. Pero o tripulante de 51 anos morreu. O patrón quedou ingresado por hipotermia. O barco foi trasladado a terra polo mariñeiro que quedou a salvo, coa axuda doutras embarcacións.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?