Falece un motorista ao bater contra un turismo no Pereiro de Aguiar

1 minutes read
Vídeo.- Garda Civil.

O condutor dunha moto, de 41 anos, perdeu a vida na mañá deste domingo no Pereiro de Aguiar despois de que o vehículo no que circulaba chocase contra un coche.

O accidente sucedeu na estrada OU-0506, no lugar de Parada, na parroquia de Sabadelle, ao fío das 11:15 horas.

Debido á gravidade do sinistro, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, a pesar dos esforzos, o equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida ao motorista.

Nada máis ter coñecemento do ocorrido a través do persoal sanitario, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do GES do Pereiro de Aguiar e dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas.