Un motorista de 29 anos faleceu este domingo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade tras saírse da vía coa moto que conducía, na que viaxaba só, e chocar contra un poste.
No momento de producirse o accidente, o motorista circulaba pola N-514, punto quilométrico 66, na compaña doutros moteiros, á altura de Pedre e sufriu unha caída. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, que de inmediato informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes de Tráfico, que xa tiñan constancia do suceso. Igualmente, foron informados os membros do GES da Estrada e os efectivos de Protección Civil da localidade.
Tamén foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.