Falece un motorista de 29 anos tras sufrir un accidente na PO-11, en Pontevedra, e caer á ría

Imaxe dunha ambulancia 061

Tras un aviso no 112 Galicia por unha moto accidentada sen condutor, os axentes da Policía Local localizaron o motorista na auga.

Para o seu rescate, foi necesario activar recursos acuáticos tanto do equipo de Bombeiros de Pontevedra como de Salvamento Marítimo, aínda que bastaron os primeiros para recuperar o corpo xa sen vida do motorista.

A primeira alerta sobre o suceso produciuse pouco antes das cinco a madrugada deste luns mediante unha chamada ao 112 Galicia dun condutor que circulaba pola PO-11, en Pontevedra, e sorprendeuse por unha moto sinistrada entre o carril dereito da autoestrada e a beiravía, pero era incapaz de ver onde estaba o condutor. 

Deseguido, os xestores do 112 Galicia avisaron aos medios e recursos necesarios, tanto efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como os axentes da Policía Local, que, pouco despois, atoparon o motorista caído na ría. Deste xeito, preparouse un rescate no espazo acuático, no que interviñeron os Bombeiros de Pontevedra e solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo. Sen embargo, bastaron os efectivos do parque municipal para recuperar o corpo xa sen vida do motorista.

Related posts

Falece o ocupante dun turismo accidentado en Lugo, tiña 23 anos

Rueda reivindica o liderado de Galicia no sector da acuicultura e aposta por atraer novos investimentos

UCIN denuncia que Xunta e Goberno central antepoñen o ego político ao benestar cidadán no conflito da Policía Autonómica