43
Un home de 34 años faleceu nun accidente de tráfico ocorrido na estrada AC-543, á altura do concello de Lousame. Segundo informa o 112, a motocicleta que pilotaba bateu contra un turismo no lugar de Toxos. Para atender a vítima acudiron unha dotación do 061, membros do GES de Noia, persoal do PAC da mesma localidade e axentes da Garda Civil de Tráfico.