Falece un motorista de 49 anos nun accidente de tráfico en Meaño

Un motorista de 49 anos faleceu este xoves despois de colisionar contra unha casa e un coche no concello pontevedrés de Meaño. Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar no quilómetro 2,7 da estrada EP-9305 ao seu paso por Coirón, Meaño. Ata o lugar acudiu unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico para atender o condutor, que faleceu no punto do sinistro, segundo indicaron fontes sanitarias. Ao punto do accidente, concretamente no lugar de Padrenda, tamén se dirixiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra. Tamén foron informados os membros do GES de Sanxenxo e os bombeiros de Ribadumia, pero a vítima estaba liberada e accesible e, por tanto, descartaron a súa intervención.

Segundo a Garda Civil, o accidente produciuse  no quilómetro tres, da estrada que vai de Dena a Barrantes en Padrenda ao seu paso polo lugar de Bouzas. O piloto circulaba en dirección a Barrantes, cando a súa moto se saíu da estrada e foi chocar contra a parede dunha casa. A moto seguiu adiante pola inercia que levaba, chocou contra un coche que estaba aparcado na beiravía e desprazouno ata que deu cun poste da luz. Despois rebotou ata quedar a varios metros do coche.

Detrás do accidentado viaxaba unha furgoneta, a que, ao parecer, acababa de adiantar e parou inmediatamente para avisar do accidente. O home, residía na zona e era un experto coñecedor da estrada, na que hai un tramo de curvas enlazadas, pero que non presentan moita dificultade. Non se sabe con seguridade cales foron as causas do accidente pero non se descarta ningunha hipótese, dende un despiste a unha velocidade inadecuada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha