Falece un motorista de 51 anos tras bater cunha furgoneta en Vilar de Barrio

Imaxe dun accidente mortal de moto_Arquivo.

O condutor dunha moto faleceu na tarde deste martes despois de que a moto na que circulaba batese contra unha furgoneta na estrada que une Os Milagros e Vilar de Barrio, á altura do lugar das Maus.

Os feitos sucederon preto das sete da tarde. Foi, nese momento, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xinzo, do GES de Laza, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Xa no lugar do accidente e, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do condutor da moto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha