Falece un motorista de Cabana de 30 anos

0 minutes read

Un accidente de tráfico ocorrido este xoves sobre as 9 da noite terminou coa vida dun mozo veciño do lugar de Neaño. O sinistro produciuse na estrada AC-429 que une Cabana con Laxe á altura do alto de Rebordelo. No accidente víronse involucradas dúas motocicletas e un vehículo, ademais da persoa falecida, J.P.V. de 30 anos, tamén resultaron feridas de consideración e evacuadas de urxencia ao hospital dúas persoas máis de 23 e 67 anos.