Un motorista faleceu á última hora da tarde deste luns nun accidente en Ribeira. O sinistro produciuse no lugar de Areeiros, en Castiñeiras, na estrada que vai a Aguiño. Por causas que se descoñecen o motorista saíuse da vía e foi chocar contra un coche que estaba aparcado. Varios veciños alertaron do accidente ao 112, pero os servizos de urxencias que se desprazaron ao lugar xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.