Falece un motorista de 41 anos en Sada logo de colidir a moto que conducía contra unha furgoneta

1 minutes read

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, un familiar do condutor da furgoneta informaban ao 112 Galicia do sinistro cando pasaban dez minutos das 12:00 horas deste sábado. O alertador aseguraba que a vítima estaba totalmente accesible. 

Sucedeu na DP-0812, quilómetro 1 aproximadamente, en Samoedo, ao seu paso polo concello coruñés de Sada. 

Nada mais recibir a chamada de alerta, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Betanzos e do persoal de mantemento da vía.