Un motorista perdeu a vida este venres na estrada PO-11 ao bater contra un sinal de tráfico en Pontevedra, por causas que se investigan. A escasos minutos das 19:00 horas, o 112 Galicia comezou a recibir chamadas alertando do accidente, na estrada de Marín, próximo á rotonda da nave da celulosa. Inmediatamente, desde o CIAE-112 alertouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Pontevedra, aos Bombeiros e aos membros de Protección Civil da localidade e aos servizos sanitarios de urxencia. Finalmente, o 061 confirmou ao 112 que nada se puido facer por salvar a vida do home, á chegada ao lugar. Ademáis, para manter a seguridade na vía e restablecer a circulación, desde o 112 tamén se informou ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento de autoestradas.
46