0
Un motorista morreu na tarde deste martes no municipio das Pontes de García Rodrígueztras bater contra un sinal de tráfico. Segundo informa o 112 Galicia, o accidente ocorreu na parroquia de Goente, nun cruzamento entre a AC-564 e a AC-142. Nese momento, un particular chamou para alertar do ocorrido á central de emerxencias.
Mobilizouse ata o punto un helicóptero medicalizado. Con todo, os sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida. Tamén interviñeron os bombeiros do Eume, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil das Pontes.