Falece un motorista nun accidente de tráfico no Rosal

0 minutes read

Pasadas as sete e media da tarde deste sábado as estradas galegas rexistraron un accidente mortal, no concello do Rosal, cunha vítima, a persoa que conducía unha motocicleta.

O falecido, veciño de Oia e duns 30 anos de idade, conducía en dirección á Guarda, á altura de Portecelo, cando, ao parecer, foi embestido por un turismo, segundo algunhas testemuñas.