Falece un motorista tras sufrir unha caída en Mugardos


O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través da chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un motorista acababa de sufrir unha caída nas inmediacións das piscinas de Mugardos. Ata o punto tamén se desprazou, coa máxima celeridade, unha unidade do GES de Mugardos, que á súa vez solicitou ao 112 a colaboración da Garda Civil de Tráfico. Os servizos sanitarios, mobilizados nunha ambulancia, proporcionaron atención médica ao implicado, que finalmente resultou falecido a causa do grave sinistro.