Un motorista perdeu a vida esta madrugada despois de producirse unha colisión na DP-0905, en Paderne (A Coruña). Este tráxico suceso rexistrouse no 112 Galicia pasadas as cinco da madrugada, logo de recibir varias chamadas de persoas particulares, que xa avanzaban o fatal desenlace.
Segundo indicaron, a vítima quedou tendida na calzada tras o impacto entre o seu vehículo e un coche. De feito, a persoa que conducía o turismo tamén necesitou asistencia médica debido a unha crise nerviosa.
Así, ao lugar do accidente, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico. En definitiva, un operativo conformado tras recibir o 112 Galicia as chamadas de alerta e enviar aos distintos organismos os avisos correspondentes para prestar axudar aos afectados.