Falece un mozo de 18 anos e outro resulta ferido nun accidente en Ferrol

Imaxe dunha ambulancia 061

Un accidente, producido pouco antes das tres da madrugada deste mércores, deixou unha vítima mortal e un ferido, no lugar da Graña, en Ferrol.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía, nese punto do concello ferrolán, e sinalaba que un vehículo se esnafrara contra un muro. Nesta chamada, a persoa afirmaba que había dous ocupantes no interior do turismo, posiblemente atrapados.

De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Local, a Protección Civil do municipio, e aos servizos sanitarios.

Unha vez no lugar dos feitos, os axentes da Policía Local confirmaban ao 112 que as dúas persoas tiveran que ser excarceradas, que unha delas falecera e a outra fora trasladada polos servizos sanitarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha