Falece un mozo de 20 anos tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón

1 minutes read

Un home faleceu tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón. Malia os esforzos por reanimalo, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento do accidentado. Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón. Tamén se mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tras localizar o mozo, os servizos de emerxencias trataron de reanimalo sen éxito.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?