45
A vítima conducía unha moto pola recta de Tabagón cando, por causas que se descoñecen, se saíu da vía. Ata a zona desprazouse un helicóptero medicalizado e varias ambulancias. Pero os equipos sanitarios trasladados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Cómpre salientar que no operativo tamén interviñeron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil de Tráfico, os efectivos do GES da Guarda e os voluntarios de Protección Civil do Rosal.